AGRICULTURA
Por un futuro sostible
Corredores Verdes é unha proposta simple e potente: crear unha rede de produción agroalimentaria nas proximidades das cidades para abastecelas con produto local, de tempada e a prezo xusto. O diferencial non é só “producir preto”, senón traballar en rede: produtores coordinados entre si e conectados coa cidadanía para lograr unha economía local máis forte, estable e sostible.
Como funciona un Corredor Verde?
Xuntado a consumidores con produtores de proximidade, nos arredores da poboación, pero dun xeito mais racional e lóxico.
Por unha banda temos unha rede de produtores coordinados, como si fora una cooprativa, e dicir: compartindo maquinaria para evitar investimentos duplicados e abaratar custos, intercambiando coñecemento como maneixo de solo, pragas, rego, planificación de cultivos en función da demanda, planificando rotacións e complementariedade, intercambiando sementes e material vexetal e organizando compras e vendas conxuntas.
Resultado: explotacións máis viables, custos máis baixos e oferta máis regular.
Esta venda traballa en canles curtas para achegar o produto ao consumidor, e pode facerse de diferentes maneiras, como:
Cestas semanais / puntos de recollida en barrios, centros sociais, comercios colaboradores.Mercados de produtores (fixos ou itinerantes).Acordos con comedores colectivos (escolas, residencias, empresas) cando sexa viable.Venda online local con entrega agrupada (un día á semana, rutas optimizadas).Mercados de produtores (fixos ou itinerantes).Acordos con comedores colectivos (escolas, residencias, empresas) cando sexa viable.Venda online local con entrega agrupada (un día á semana, rutas optimizadas).
Ao ter menos intermediarios haberá máis transparencia e prezos máis estables.
Doutra banda potenciaremos a relación entre produtores e consumidores, para que estes poidan coñecer quen produce, como e onde, e que os produtores poidan planificar mellor. Isto reduce riscos, mellora a calidade e constrúe comunidade.
Como actividades para conectar e activar o consumo poderíamos facer roteiros polos corredores (a pé ou en bici) para coñecer leiras, hortas e granxas, facer visitas guiadas e xornadas de portas abertas, así como degustacións de tempada e presentacións de produto.
Isto crea confianza e fidelidade: cando coñeces a orixe, valoras máis o alimento. Cos consumidores crearíamos unha cultura gastronómica de tempada, para potenciar os produtos estacionais a través de campañas de produto estrela do mes (cabaza, grelo, tomate, castaña…), concursos de receitas (familias, hostalaría local, escolas), .. e na web poderíamos publicar e premiar as mellores reicetas, con vídeos curtos e sinxelos. Conseguiríamos máis demanda de tempada, mellor prezo para o produtor e dieta máis saudable.
VANTAXES
(o que importa de verdade)
1- Máis riqueza local e emprego de proximidade xa que cada euro que queda na contorna, xera actividade en talleres, transporte local, envases, comercio e servizos, mantén as explotacións familiares, fixa poboación e crea oportunidades para xente nova.
2- Menos desperdicio e menos custos ocultos, menos quilómetros e por tanto menos perdas por transporte e almacenamento, produción planificada con demanda real (menos excedentes que acaban no lixo) e produtos máis frescos, con mellor capacidade nutritiva, o que redunda en mellor saúde.
3-Prezos máis xustos e estables, pois con menos intermediación reduce picos artificiais. Posibilidade de planificación na que os acordos de compra (cestas/comedores) dan estabilidade. Con estes prezos nos que o consumidor paga un prezo razoable; o produtor cobra o suficiente para vivir.
4- “Da planta ao prato”: mais sabor, frescura e saúde pois a recolección faise no punto óptimo polo que o produto ten mais calidade organoléptica e nutricional, e máis transparencia.
5- Coidado do territorio e resiliencia xa que a diversificación e rotacións melloran o solo e reducen a dependencia de insumos, máxime cando plantamos variedades locais e sementes compartidas mellor adaptadas ao clima.
Un territorio vivo é un territorio máis defendible e con futuro
Como implicarse
O que nos beneficia a todas e todos é contar cunha cadea curta e eficiente: utiliza menos transporte e, polo tanto, xera menos contaminación; hai menos perdas por alimentos estragados; e haberá máis produto “da planta ao prato”. Tamén nos beneficia que a economía local será máis forte: o diñeiro circula na comarca e crea resiliencia.
Por iso, todas e todos debemos participar no Corredor Verde máis próximo, e podemos facelo desde distintas posicións: como produtores, como consumidores (todas e todos) ou como punto de distribución.
Con este sistema, todo son vantaxes:
- Os produtores poderán planificar a produción sen risco de excedentes, obter un mellor prezo medio, reducir custos e contar cunha clientela fidelizada.
- Os consumidores terán produtos de máxima calidade, frescos e de tempada. Saberán quen os produce e como se producen. Os prezos serán máis baixos e estables, e terán a certeza de que están a crear un impacto positivo no territorio.
- Os puntos de distribución contarán cun fluxo estable e cunha venda máis previsible, con ingresos regulares, sen necesidade de manter stock, e converteranse nun nó local dun proxecto con valor social.
Entre todas e todos formamos unha mesma cadea, do campo á mesa.
SELECCIONA COMO QUERES COLABORAR
Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.
Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.
Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.
Doazóns en acción
Suma a túa forza
As túas mans e o teu apoio económico permiten acelerar a creación de corredores verdes. Garantimos uso responsable dos fondos e retorno ambiental medible.
- Voluntariado: plantacións, seguimento de biodiversidade e mantemento.
- Mecenado: doazóns, apadriñamento de árbores e materiais