Ir ao contido

Guía gravación caseira - Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Skip menu
Skip menu
SENDA VERDE TV RURAL > CONTIDOS
Guía de gravación caseira para voluntariado de Senda Verde TV

Esta guía busca dúas cousas: calidade suficiente (para que se poida emitir) e boas prácticas (rigor, respecto ás persoas e ao territorio), coherente coa misión de Senda Verde: formar, conservar/recuperar e informar con veracidade e participación cidadá.

O estándar mínimo para que unha peza sexa admitida
As 5 regras imprescindibles (salvo casos excepcionáis):
  1. O Audio é determinante. Se non se entende, non se emite.
  2. Luz suave e estable. Procurando que se vexa ben  as caras das persoas
  3. Plano estable. Empregando un tripode ou buscando un apoio.
  4. Mensaxe clara en 20–90 segundos (ou cunha estrutura clara se é máis longo).
  5. Datos contrastables. Nomes, lugar, data, e o “que pasa” sen inventar nada.
2) Equipo recomendado (por orde de impacto)
Nivel 1 (mínimo):
  • Móbil + auriculares con micro (os de cable adoitan ir mellor ca moitos sen fíos)
  • Gamuza para limpar a lente
  • Fonte de enerxía
Nivel 2 (moi recomendable):
  • Micrófono de solapa (con cable) compatible co teu móbil
  • Tripode pequeno ou soporte
  • Pequena luz LED (opcional)
Nivel 3 (para entrevistas serias):
  • 2 solapas (entrevistador/a e entrevistado/a) ou micro direccional
  • Tripode alto
  • Reflector sinxelo (cartolina branca)

AXUSTES DO MÓBIL
Antes de gravar, fai isto:
Lente limpa (sempre).
Modo avión (evitas chamadas e notificacións).
Resolución: 1080p (Full HD) é suficiente.
FPS: 25/30 fps (o máis estándar). Non uses 60 se non sabes por que.
Enfoque e exposición bloqueados: mantén premido na cara da persoa e bloquea (AE/AF Lock).
Non uses zoom dixital. Achégate ti.
Grava en horizontal para reportaxes/pezas; vertical só se é contido pensado para redes verticais.

SON
O mellor vídeo con mal son é lixo.
Interior: evita ruídos parásitos (TV, radio, extractor, neveira se molesta).
Exterior: procura abrigarte do vento (entre paredes, detrás dun coche, nun portal).
Distancia do micro:
Solapa: 15–20 cm da boca (no peito, centrado).
Sen micro: móbil a 40–60 cm como máximo.
Proba de 10 segundos: grava e escoita cun auricular. Se non se entende, cambia de sitio ou pon micro.

LUZ E IMAXE
Nunca coa ventá ás costas. A persoa queda en silueta.
Ventá diante ou a 45º é a mellor luz gratis.
Evita luces do teito que fan sombras feas; mellor luz lateral suave.
Fondo limpo e con contexto (horta, obradoiro, monte…), pero sen distraer.
Composición: ollos a 1/3 superior da pantalla; deixa “aire” cara onde mira.

TIPOS DE PEZAS E ESTRUTURAS QUE FUNCIONAN
A) “Micro-peza” informativa (20–60 s)
Que pasa? (1 frase)
Onde e cando?
Por que importa para a xente do lugar?
Un dato ou testemuño
Peche: “Seguiremos informando / máis en Senda Verde TV”

B) Reportaxe curta (1–3 min)
Entrada (10–15 s): Posta en situación, como gancho
Entrevista principal (30–60 s)
Recursos: mans traballando, planos do lugar, detalle de produtos, camiños, sinais, auga…
Outro punto de vista (15–30 s) se é posible
Peche: conclusión útil + chamada a participar/seguir

C) Titorial formativo (2–6 min)
Problema (“hoxe imos resolver…”)
Materiais necesarios
Pasos numerados (planos detalle)
Erros típicos
Resumo final

ENTREVISTAS: como sacar algo bo en 5 minutos
Intro (30")
Presenta o tema e pide permiso para gravar.
Dille que fale en frases completas (non “si/non”).
Durante:
Preguntas que funcionan:
“Que está a pasar aquí exactamente?”
“Como vos afecta no día a día?”
“Que solución propoñedes?”
“Que debería saber alguén de fóra?”
Non interrompas. As pausas dan boa resposta. Repite a pregunta en forma de resposta se a persoa contesta curto: “Entón, o que me dis é que…”
Despois:
Pide unha frase final curta: “Se puideses dicir unha cousa á xente, cal sería?”

RECURSOS
Regra: por cada entrevista, grava 10–20 planos de apoio.
Lista de planos recurso:
Plano xeral do lugar (5–8 s)
Plano medio da acción (5–8 s)
Plano detalle (mans, ferramentas, etiqueta, sementes, auga) (5–8 s)
Elementos sonoros (auga correndo, animais, mercado) (10 s de audio ambiente)

Consello: grava planos de 8–12 segundos, quietos, e repite 2 tomas se podes.

RIGOR, ÉTICA E DEREITOS (imprescindible)
Senda Verde quere informar con veracidade e respecto.
Normas básicas:
Identifica sempre: parroquia/concello, data aproximada, quen fala (nome e rol se acepta).
Non afirmes datos dubidosos (“din que…”) sen dicir a fonte.
Se é denuncia: pide probas (documentos, fotos, testemuños) e conta só o verificable.
Menores: non gravar nin publicar sen permiso expreso do titor legal (e mellor evitar caras).
Persoas vulnerables: prioridade ao coidado e ao anonimato se procede.
Privacidade: non amoses matrículas, enderezos exactos, documentación persoal.
Dereitos de música: evita música de fondo en bares/actos se vai quedar no vídeo; mellor silencio/son ambiente.
Permisos rápidos (modelo oral): “Dás permiso para gravar e publicar isto en Senda Verde TV?” (queda gravado ao inicio ou ao final).

SEGURIDADE NO CAMPO
Non graves en zonas de risco (maquinaria, taludes, río con corrente) sen distancia e sentido común.
Chaleco reflectante se estás en estrada.
Coidado con drons: só persoal autorizado e conforme normativa (se non, non usar).

ORGANIZA O MATERIAL: para non perder nada
Ao rematar, fai isto:
Nome do ficheiro (formato):
AAAA-MM-DD_Concello_Lugar_Tema_Autor_Toma01.mp4
Exemplo: 2026-01-04_Arzua_CampoDoVento_HortaSolidaria_ManuelR_Toma01.mp4
Carpetas:
01_VIDEO
02_AUDIO
03_FOTOS
04_DOCUMENTOS (cartaces, permisos, notas)
Nota rápida (texto no móbil):
Quen?
Onde?
Que pasou?
3 datos clave
Contacto da persoa entrevistada (se aceptou)

LIST DE VERIFICACIÓN (hai que facelo de rutina)
Antes:
Lente limpa
Modo avión
Proba de son
Luz correcta (sen contraluz)
Permiso para gravar
Durante:
Plano estable
1 entrevista clara
10+ planos de recurso
10 s de son ambiente
Despois:
Gardado e nomeado correcto
Nota de contexto feita
Copia de seguridade (nube ou ordenador)

PLANTILLAS ÚTILES (para que vos saia rápido)
Presentación (voluntario/a)
“Son ___ de Senda Verde TV. Estamos recollendo o que pasa no rural para informar e aprender xuntas. Contas en dúas frases que está a ocorrer aquí?”
Peche
“Grazas por escoitar. Se queres participar ou propoñer temas na túa zona, contacta con Senda Verde TV.”

Sementando futuro no rural.
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Informamos, formamos e recadamos fondos para impulsar un rural vivo, sostible e con futuro.
© Fundación Galicia Verde — Transparencia
36556  aldea de Leboso - Forcarei
Pontevedra
secretaria@fundaciongaliciaverde.gal
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"