Ir ao contido

Constitución doshica - Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Skip menu
Skip menu
SAÚDE
COÑECÉNDOSE A UN MESMO
A avaliación ayurvédica baséase, de maneira xeral, na observación da constitución da persoa, na recollida da súa historia e na valoración de signos e probas específicas. O concepto de Prakruti preséntase como un elemento relevante para comprender a saúde e a importancia do equilibrio persoal.

O Prakruti é a constitución de base ou constitución primixenia coa que nacemos. Coñecela axúdanos a entender mellor as nosas tendencias naturais e a orientarnos cara a hábitos máis acordes coa nosa forma de ser e de funcionar.

Por iso, para facer esta estimación, é importante responder pensando en como era vostede cando gozaba de boa saúde, xeralmente en etapas máis novas da vida e antes de que aparecesen desequilibrios, enfermidades ou cambios importantes nos hábitos. O obxectivo non é describir só o estado actual, que pode estar condicionado por factores transitorios, senón aproximarse á constitución de base máis probable. Esta constitución é a referencia que convén recuperar e manter na medida do posible, xa que representa o seu equilibrio natural.

Para unha interpretación máis precisa, convén acudir a un especialista con formación ayurvédica. En todo caso, este cuestionario non substitúe a atención sanitaria habitual e deben terse sempre en conta o criterio profesional e os consellos do seu médico.
PRAKRUTI
É a tendencia innata do organismo e serve como referencia do seu equilibrio máis estable e saudable. Representa o estado de saúde.
Cuestionario de constitución dóshica

Resultado da avaliación

Vata 0%
Pitta 0%
Kapha 0%

A constitución final exprésase cos dous doshas máis altos. O dosha menor non aparece na denominación final, aínda que si na distribución porcentual completa.

Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Informamos, formamos e recadamos fondos para impulsar un rural vivo, sostible e con futuro.
Sementando futuro no rural.
© Fundación Galicia Verde — Transparencia
36556  aldea de Leboso - Forcarei
Pontevedra
secretaria@fundaciongaliciaverde.gal
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"