Ir ao contido

Televisión rural: voz do territorio - Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Skip menu
Skip menu
SENDA VERDE TV RURAL > CONTIDOS
A voz do territorio
Únete gratis en 30 segundos.
Recibirás novidades e avisos das emisións.
Axúdasnos a construír unha base social forte para lanzar a canle.
Podes propoñer temas e participar no nodo da túa comarca.
Se podes, apoiar con 5 €/mes dá estabilidade ao proxecto.
.
Unha tele feita pola xente e para a xente

A base da nosa programación son os intereses e as necesidades da xente do rural. Así de simple. Se queremos facer unha televisión útil, temos que escoitar, dialogar e responder ao que pasa nas aldeas, nas vilas e nas comarcas.
Por iso organizámonos por comarcas: para estar preto, para coñecer a realidade de cada sitio e para dar resposta ás 53 comarcas de Galicia. Queremos que cada persoa, viva onde viva, poida dicir: “aquí tamén saímos nós”. En base  a iso nos estamos organizando.



CONTIDOS.

Sempre de abaixo cara arriba.

Os contidos nacerán da xente e do que lle preocupa día a día. E irán subindo:

Primeiro, as persoas: veciñas e veciños, mozos e maiores, quen vive e traballa no territorio.
Despois, as entidades do lugar: asociacións culturais, comunidades de montes, grupos ecoloxistas, ANPAS, clubs deportivos, etc.
A continuación, a parte produtiva: cooperativas, pequenas empresas, iniciativas emprendedoras, proxectos locais.
E por último, os concellos.

E se hai interese e sempre sen condicións nin interferencias, tamén poderán participar deputacións e outras institucións cando sexan actuacións de interese xeral, como por exemplo difundir un plan de actuación fronte a incendios forestáis.


PROPÓSITOS.

A nosa programación ten tres propósitos claros: formar, conservar e recuperar, e informar. O importante para nós é que te sintas representado e poidas falar. SENDA VERDE TV RURAL non é unha tele para mirar calado. É unha tele para:

Verse reflectido no que se emite.
Participar, propoñer temas e contar o que pasa.
Corrixir, matizar e pedir explicacións cando faga falta.
Sentir que isto é da comunidade, non dun despacho nin dunha empresa.


PRINCIPIOS QUE NON SE NEGOCIAN

Nós estamos ao servizo do país e da xente que o sostén. A televisión rural ten que defender un futuro mellor e un uso equilibrado e sostible dos recursos, sen poñerse ao servizo de intereses alleos.
Resumímolo en cinco ideas:

Que sirva para algo: contidos que che axuden no día a día (trámites, servizos, dereitos, produción, contaminación, oportunidades).
Que sexa certa: rigor, contraste e corrección de erros.
Que sexa participativa: aquí non mandan só os de sempre; a xente conta e decide temas.
Que se entenda: galego claro, pezas curtas, e subtítulos cando faga falta.
Que sexa limpa e transparente: independencia, separación entre información e opinión, e contas claras.


ORGANIZACIÓN

Para que a túa voz conte, de verdade, organizarémonos por comarcas. En cada comarca haberá un grupo aberto onde participe xente e entidades do territorio. A súa función é:

Escoitar o que preocupa,
Detectar necesidades,
Propoñer temas,
Mover os contidos para que cheguen á pantalla.
As reunións e decisións serán abertas e participativas, e o grupo poderá renovarse cando a xente o pida.

Calquera persoa ou entidade pode participar, enviando propostas ao seu referente comarcal, e se non recibe resposta, contactando directamente co comité organizativo da televisión rural.

A estrutura é esta:

Nodo comarcal: persoas e entidades que recollen ideas e fan contidos (con apoio e formación).
Consello Comarcal de Programación: un grupo reducido que prioriza e organiza (reunión mensual ou bimensual).
Coordinación central: axuda técnica, edición, orde da programación e visión de País.
En contidos de especial relevancia, para reforzar as gravacións, poderemos desprazar un dous equipos técnicos itinerantes profesionáis.

Como entra un tema na tele rural

Escoitamos: formularios, mensaxería, encontros comarcais e o “tema do mes”.
Propoñes: que pasa, a quen afecta e quen ten que falar.
Comprobamos o básico: interese público e datos mínimos contrastados.
Facemos a peza: curta, reportaxe ou debate.
Emitimos e volvemos: réplicas, actualizacións e seguimento: “que cambiou?”

OBXECTIVOS PRIORITARIOS

A) INFORMAR (servizo público desde o territorio)

Actualidade comarcal semanal: o que che afecta de verdade.
Economía local e emprego: cooperativas, iniciativas e oportunidades.
Trámites e dereitos: axudas, PAC, dependencia, montes, licenzas, transporte e sanidade.
Seguimento do público: “o que dixeron / o que fixeron”.
Dereito a réplica: normas claras e espazo garantido.


B)FORMAR (escola aberta rural)

Agroecoloxía práctica: solo, auga, cultivos, manexo e sanidade.
Monte e prevención: biomasa, franxas, seguridade e boas prácticas.
Alfabetización dixital: trámites, ferramentas, redes e seguridade básica.
Formación continua: técnicas novas, melloras e cultura da calidade.
Formación audiovisual: gravar, editar e publicar. Especial foco en centros educativos para implicar á mocidade.
Pensamento crítico: detectar bulos, contrastar e exercer dereitos.

C) PROTEXER E RECUPERAR (memoria e patrimonio vivo)

Oficios e saberes: tradición e innovación con raíz.
Patrimonio natural: ríos, fragas, brañas, costas; coidados e ameazas.
Patrimonio material: cruceiros, igrexas, aldeas e arquitectura popular.
Cultura e lingua: música, festas, toponimia, relatos e arquivo comarcal.
“Memoria Viva”: arquivo audiovisual por comarcas, sempre dispoñible para a xente do lugar.

Gustaríache propoñer un tema, contar un proxecto ou gravar desde a túa parroquia?

Pasos:
  1. Descríbenos a historia en 5-10 liñas e indica persoas de contacto.
  2. Se tes material, achega 3-5 clips curtos en horizontal (1080p) e 2-3 fotos.
  3. Inclúe permisos de gravación e cesión de imaxe se hai menores.
  4. Envía todo a secretaria@fundaciongaliciaverde.gal ou usa o formulario.

Que buscamos: temas con utilidade pública, enfoque en solucións e respecto polas persoas e o territorio
.
Sementando futuro no rural.
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Informamos, formamos e recadamos fondos para impulsar un rural vivo, sostible e con futuro.
© Fundación Galicia Verde — Transparencia
36556  aldea de Leboso - Forcarei
Pontevedra
secretaria@fundaciongaliciaverde.gal
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"