AGRICULTURA
Os Bosques da Biodiversidade é un proxecto para crear (ou recuperar) bosques sostibles e equilibrados, con especies autóctonas, deseñados para reter e distribuír auga, xerar hábitats diversos e multiplicar a vida. Non é só “plantar árbores”: é construír un ecosistema e unha comunidade arredor del.
Este proxecto desenvolverase en colaboración con persoal experto da universidade galega, para asegurar criterios técnicos sólidos en topografía, hidroloxía, ecoloxía, selección de especies e seguimento da biodiversidade.
Hai proxectos que se contan e hai proxectos que se constrúen coas mans. Os Bosques da Biodiversidade nacen para iso: para crear (ou recuperar) un bosque autóctono, sostible e cheo de vida, deseñado con criterio científico e impulsado pola participación da comunidade. Un lugar que, co paso dos anos, se converta nun ecosistema equilibrado que se manteña por si mesmo e que quede como patrimonio vivo para quen veña detrás.
FASES DE CREACIÓN DUN BOSQUE
1- Coñecer o terreo
É un paso moi importante pois os erros que se cometan condicionarán o futuro desarrollo. Comenzaremos por un levantamento topográfico para identificar as pendentes, zonas de escorrentía e puntos de erosión. Isto permítenos abordar a planificación e decidir onde, e como é mellor actuar para que o bosque teña futuro. Hai que ter moi claro o obxectivo final.
2- Ordenar a auga é a clave do éxito
Antes de plantar, deseñamos os movementos da auga para dirixila cara a onde a necesitemos, en vez de deixala escorrer sen control. Necesitamos coñecer:
liñas clave e curvas de nivel para frear e infiltrar
creación de zonas húmidas, pequenos estanques e abrevadoiros
diferentes microambientes para aumentar a biodiversidade
Si facemos ben o traballo creremos as condicións óptimas para o noso bosque: máis humidade, menos erosión, máis vida.
3- Plantar un bosque autóctono e diverso
Lóxicamente as especies a plantar serán propias do lugar (árbores e arbustos) e combinámolas para crear capas e funcións. Nesta fase é básico contar co asesoramento dun botánico de prestixio. Hai que determinar que árbores irán en cada unha das zoas creadas anteriomente e que clasificamos en:
árbores principais (segundo a zona)arbustos e sebes que alimentan e protexen faunaespecies asociadas que sosteñen polinizadores e solo vivo
4- Crear refuxios e hábitats para a fauna
Si fixemos ben o traballo agora é o mOmento de crear refuxios para observar a biodiversidade creada.
Instalaremos caixas niño, casetas, e outros elementos de apoio (cando proceda) para favorecer aves, morcegos e insectos beneficiosos. O deseño de auga e vexetación permitirá consolidar hábitats para fauna acuática e terrestre.
Piloto destacado:
- Forcarei (monte da FGV): bosque mixto con carballos, bidueiros e castiñeiros. Trátase do primeiro bosque da biodiversidade que estamos a organizar.
FAQ curta (10 preguntas)
- Que é o Bosque da Biodiversidade? Un bosque autóctono deseñado para xestionar ben a auga, crear hábitats diversos e multiplicar a vida, co apoio directo da comunidade.
- Onde se vai facer? Nun espazo seleccionado por criterios técnicos (solo, auga, pendentes e accesos). Publicarase a localización cando estea definida.
- Quen o deseña e supervisa? O proxecto farase en colaboración con expertos da Universidade galega para garantir rigor técnico.
- Por que empezades pola auga? Porque a infiltración e a humidade son a base da resiliencia do bosque e da creación de microhábitats.
- Que se vai plantar? Especies autóctonas propias do lugar, combinando árbores e arbustos para formar un ecosistema equilibrado.
- Como podo participar? Como voluntario/a nas xornadas e/ou apadriñando unha árbore para dar estabilidade ao proxecto.
- Hai mantemento? Hai fase inicial de consolidación. Cando o bosque estea equilibrado, a intervención será mínima; manterase sobre todo o sendeiro e os observatorios.
- Como se aborda o risco de incendios? Deseñaranse zonas de protección e un mosaico de hábitats que reduza a continuidade de combustible, con accesos ordenados.
- Que son os observatorios camuflados? Puntos discretos para observar fauna acuática e terrestre sen molestar, integrados na paisaxe.
- Como se garante a transparencia? Publicaranse avances, número de árbores, supervivencia, actuacións de auga e indicadores de biodiversidade.
Queres profundar na metodoloxía e participar como técnica/o ou dinamizadora/or? Ofrecemos formación aplicada en restauración ecolóxica, deseño de sebes, xestión de invasoras e seguimento de biodiversidade.
Resultados e indicadores
Medimos e comunicamos: número de plantas instaladas, taxa de supervivencia ao 1º e 3º ano, riqueza específica e diversidade estrutural, coberto do solo e erosión, presenza de polinizadores e aves, horas de voluntariado e implicación de entidades.
Mapa e galería
Explora o mapa das actuacións e mira algunhas escenas de traballo nos bosques da biodiversidade.
Como participar
Apadriña unha árbore autóctona, únete ás xornadas de plantación ou fai unha doazón. Enviaremos certificado e actualizacións anuais do teu bosque. Grazas por sumar vida ao territorio!
Vías abertas:
- Apadriñamento: financia a plantación e coidado dunha árbore nativa.
- Voluntariado: participa en xornadas e seguimento.
- Doazón xeral: axúdanos a chegar a máis parcelas.