Ir ao contido

Doazón mensual - Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Skip menu
Skip menu
COLABORA
DOAZONS MENSUAIS REGULARES






A doazón mensual é o que lle dá estabilidade a un proxecto: permite planificar, manter actividades no tempo e non depender de picos puntuais de financiamento. Cando hai continuidade, pódense organizar cursos, accións sociais e iniciativas no territorio con calendario, equipos e recursos reais, sen improvisación.

Un apoio periódico tamén reduce a vulnerabilidade: os custos fixos existen todos os meses (comunicación, desprazamentos, materiais, mantemento, pequenas compras imprescindibles). Coa doazón mensual podemos cubrir esa base e dedicar a enerxía ao importante: facer traballo útil no rural e dar resultados medibles.

E aquí entra a idea clave: pouco de moitos é moito. Non fai falta unha gran achega individual para cambiar as cousas; fai falta unha rede constante de persoas e entidades comprometidas. Cinco, dez ou quince euros ao mes, sumados, convértense nun motor que non para.

Se queres que o proxecto teña futuro, a doazón mensual é a forma máis eficaz de apoiar. Aporta continuidade, reforza a independencia e constrúe unha base sólida para levantar o País entre todas e todos.

¡Contamos contigo!
DOAZÓN MENSUAL

A doazón mensual é a que nos dá estabilidade para manter SENDA VERDE TV RURAL activa, con contidos regulares e presenza en todo o territorio.
Con pouco de moitas persoas aseguramos gastos básicos (edición, desprazamentos, comunicación) e podemos planificar formacións e coberturas.
A continuidade constrúe confianza: cada mes, a túa achega sostén un rural informado e con voz propia.











Autorizo que a Fundación Galicia Verde me contacte para xestionar a doazón mensual e tratar os meus datos para este fin.


Os teus datos persoais utilizaranse exclusivamente para informarte das actividades da Fundación Galicia Verde, entre elas Senda Verde TV Rural.
Non se cederán a terceiros nin se empregarán con fins comerciais.
Poderás solicitar en calquera momento o acceso, rectificación ou eliminación dos teus datos.
Ao enviar este formulario, aceptas esta finalidade de comunicación informativa.

Sementando futuro no rural.
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural
Informamos, formamos e recadamos fondos para impulsar un rural vivo, sostible e con futuro.
© Fundación Galicia Verde — Transparencia
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"