ContAGRICULTURA
AGRICULTURA
AGRICULTURA REXENERATIVA
A agricultura rexenerativa é moi doada de entender se miramos atentamente un bosque primario e observamos como sostén unha grande biodiversidade, con presenza de animais e cun solo que está sempre cuberto de vexetais. Ese modelo, que leva evolucionando millóns de anos, é o modelo a imitar, mais adaptándoo ás nosas necesidades.
Contén varias características que, con lixeiras modificacións, constituirán as nosas liñas mestras, como respectar a estrutura do chan sen voltealo para non destruír a súa vida (miñocas, fungos, bacterias), traballando tan só o horizonte superior.
Por suposto, non empregaremos abonos inorgánicos, mantendo a fertilidade con compost, esterco ben maduro, restos vexetais, lixiviados, etc., aplicados sempre na superficie. Esta cobertura vexetal protexe da erosión, retén a auga, alimenta a microbioloxía e crea un hábitat para a fauna útil. Ademais, incrementa a materia orgánica e mellora a saúde global do solo.
Como referencia para todos os traballos, imos ter presentes as distintas fases da lúa, pois o seu efecto fai ascender a savia cando está en fase crecente, ou facela baixar cando entra en fase descendente, influíndo no crecemento da parte aérea ou das raíces.
Sen renunciar á produtividade, o obxectivo final é que a finca non só produza alimentos sans, senón que rexenere o solo, mellore a biodiversidade, capture carbono e fortaleza as comunidades rurais.
“Que lle deixo á terra e á xente que virá despois?”.
O QUE DEBES COÑECER SOBRE A AGRICULTURA ECOLÓXICA
Preme sobre cada foto para maior información
QUE AGRICULTURA QUERES FACER?
Existen moitas formas de facer agricultura (intensiva, ecolóxica, tradicionai ou rexenerativa), pero non todas deixan a mesma pegada na terra, na saúde das persoas nin no futuro do rural. Por iso, escoller como cultivamos é tamén escoller que rural queremos deixar ás vindeiras xeracións.
PREPARACIÓN DO SOLO
Para dar o paso cara á autosuficiencia alimentaria é necesario dispoñer dunha terra fértil, saber como manexala, coñecer que tipos de sementes podo plantar e a calidade dos alimentos que me van proporcionar, ou con que especies as asociar para obter mellores rendementos.
ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS
As rotacións e asociacións de cultivos melloran a fertilidade do solo, aproveitan mellor os nutrientes e reducen pragas, enfermidades e malas herbas. Ademais, aumentan a biodiversidade e fan as colleitas máis estables e sostibles.
PLANIFICAR OS TRABALLOS MES A MES E COA LÚA
O crecemento vexetativo das diferentes plantas destinadas ao consumo é variable, tanto en función da climatoloxía local como dos propios ciclos naturais. Baseándonos nestas variables, xunto coa fase lunar, poderemos planificar as labores do campo para obter un mellor rendemento.
CONTROIS, BIOPREPARADOS E PRAGAS,
Por moi ben que fagamos as cousas, sempre se producen alteracións do equilibrio natural. Neste caso verémonos obrigados a actuar mediante diversas técnicas, de toxicidade cero, para conservar os nosos cultivos. Tamén podemos empregar biopreparados para reforzar as nosas plantas.
REGA E XESTIÓN DA AUGA
A auga é esencial na agricultura rexenerativa porque mantén o solo vivo, favorece a biodiversidade e sostén o desenvolvemento dos cultivos.
A súa xestión eficiente permite aumentar a infiltración, reducir a erosión e mellorar a resiliencia fronte ás secas.
A súa xestión eficiente permite aumentar a infiltración, reducir a erosión e mellorar a resiliencia fronte ás secas.
CULTIVO DE HORTALIZAS, ÁRBORES, BAGAS E CEREAIS
Coñecer as características e as necesidades de cada especie vexetal é fundamental para obter delas o máximo rendemento. Neste apartado poderás familiarizarte con numerosas especies domesticadas que constitúen a base da nosa alimentación.
TODO SOBRE AS SEMENTES
Se as sementes son a vida, as sementes tradicionais representan a calidade de vida, porque son as que nos proporcionan alimentos mais saudables, cunha maior cantidade de nutrientes e microelementos. AXÚDANOS A RECUPERALAS!
PLANTAS QUE AXUDAN
O amplo reino vexetal ofrece innumerables posibilidades de uso, desde plantas que poden empregarse polas súas cualidades medicinais para combater determinadas doenzas, ata plantas silvestres que poden consumirse, ou outras que interaccionan coas nosas hortalizas e as potencian, ou que benefician aos insectos, etc.
Acceso limitado para socias/os
Nesta sección poderase acceder aos procesos de investigación que realizamos na Fundación Galicia Verde e coñecer tanto o seu plantexamento e desenvolvemento como os resultados finais.
ESTAS PÁXINAS ESTARÁN UNICAMENTE ACCESIBLES PARA AS SOCIAS E OS SOCIOS DA FUNDACIÓN. Se desexas asociarte, podes facelo desde AQUÍ.
Podes apoiar o noso traballo