Ir ao contido

Plagas - Fundación Galicia Verde

Plagas

AGRICULTURA
PRAGAS E BIOPREPARADOS VITALIZADORES

Teñen como obxectivo principal mellorar a resistencia das plantas fronte a patóxenos e estrés. As plantas espontáneas do entorno poden ser un recurso moi valioso.

Se non as tes no entorno: pódense plantar nun recuncho e deixalas medrar.

Conservación de plantas secas
  • Secar en ramos nun lugar fresco, seco e ventilado.
  • Gardar en frascos grandes ben pechados.

Tipos de preparados
  • Purín fermentado: 1–2 semanas, en lugar aireado; remexer a diario.
  • Purín en fermentación curta: 4–5 días, ao sol.
  • Infusión: auga fervendo, tapar e repousar 24 h.
  • Decocción: macerar 24 h + ferver 20 min; arrefriar tapado.
  • Maceración: 1–3 días como máximo; filtrar.
  • Extracto de flores: triturar, filtrar e conservar en botella hermética.

Exemplos prácticos (doses orientativas)
Allo + cebola (Allium sativum / Allium cepa)
  • 500 g por 10 L de auga.
  • Útil como reforzo fronte a problemas fúngicos; interesante en amorodo.

Ortiga (Urtica dioica)
  • Fermentación curta: 1 kg/10 L ao sol (4–5 días).
  • Contra pulgón e araña vermella: dilución orientativa 1:40 (ás veces combínase con cola de cabalo).
  • Fermentación completa: estimulante do crecemento (dilución 1:20).
  • Macerado: 500 g/10 L (uso específico en certos pulgóns).

Valeriana (Valeriana officinalis)
  • Pode mellorar resistencia e frutificación.
  • Aplicada antes de xeadas, pode axudar á tolerancia ao frío.
  • Extracto: 1 cm³/L.

Cola de cabalo (Equisetum arvense)
  • Decocción: 1 kg fresca/10 L ou 150 g seca/10 L.
  • Uso: 1 parte do preparado + 5 partes de auga.

Dente de león (Taraxacum officinale)
  • Purín: 1–2 kg fresca/10 L ou 150–200 g seca/10 L.

Consolda (Symphytum officinale)
  • Purín: 1 kg fresca/10 L ou 100–150 g seca/10 L.

Camomila (Matricaria chamomilla)
  • Infusión/decocción: 50 g de flores secas/10 L.
  • Apoio en verán e útil tamén para acelerar o compostaxe.


PRINCIPAIS PRAGAS E ENFERMIDADES

As pragas e enfermidades adoitan indicar desequilibrios (solo, rega, exceso de nitróxeno, pouca biodiversidade, etc.). Abaixo van medidas de uso puntual. Nota: cando se empreguen produtos (cobre, xofre, biolóxicos), usar sempre formulacións autorizadas, respectar doses e normativa vixente.

Babosas
Dano: comen follas e talos, sobre todo en plantas novas.
Medidas:
  • Recolleita manual.
Tellas/táboas como refuxio e retirada posterior.
  • Trampa con cervexa ao nivel do solo.

    Rato do campo
    • Dano: come raíces.
    • Medidas: trampas.

    Mildíu
    Síntomas: manchas amareladas arriba e esbrancuxado abaixo; a folla seca.
    Cultura típica: tomate e pataca.
    Medidas: prevención e, se procede, tratamentos con cobre (por exemplo, caldo bordelés), con prudencia.

    Verme de arame
    • Dano: come raíces.
    • Medidas: non sempre hai solución directa; pode axudar soltar galiñas antes da sementeira cando sexa viable.

    Vermes grises
    Dano: comen talos e follas en plantas novas.
    Medidas: Bacillus thuringiensis ao serán, cando proceda.

    Oídio
    Síntomas: puntos brancos que acaban nun feltro branco.
    Cultura típica: cucurbitáceas (pepino, cabaza).
    Medidas: xofre pola mañá co orballo, cando proceda.
    Podremia gris (Botrytis)
    Síntomas: feltro gris nas zonas atacadas.
    Cultura típica: leituga, cebola, amorodo, cucurbitáceas.
    Medidas: prevención (ventilación, evitar folla mollada); cola de cabalo como apoio.

    Pulgón
    Dano: ataca brotes e debilita.
    Medidas: xabón de potasa (dose recomendada) e po de rocha como apoio.

    Grilo toupeira (o “alacrán ceboleiro”)
    Dano: galerías; ataca raíces e tubérculos.
    Medidas: recipientes enterrados con paredes lisas para que caian dentro.

    Escaravello de maio / “de San Xoán” (Melolontha spp.)
    Dano: adultos comen follas; larvas comen raíces.
    Medidas: sacudir a planta e recoller os escaravellos.
    Volver ao contido
    Application icon
    Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
    Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"