CONSTITUCIÓN MENTAL
os tres gunas
A Natureza Orixinal, ou Prakriti, está composta por tres calidades primarias, ou gunas —máis sutís ca os doshas—, que están na orixe de todo o que existe no mundo. Coñécense como sattva, rajas e thamas, e son os factores causais da creación:
Sattva é a estabilidade, a harmonía. É o principio da intelixencia, e del procede a paz.Rajas é a turbulencia, a actividade. É o principio da enerxía que proxecta o mundo e nos ata á multiplicidade do externo.Thamas é a torpeza, a escuridade. É o principio do material que, a través da ignorancia, enmascara a nosa verdadeira esencia.
O equilibrio entre os tres gunas, coñecido como “sattva puro”, debe conducirnos cara á preponderancia da claridade e da paz, a través das cales poderemos percibir a verdade.
No camiño cara á verdade, a nosa mente, que é o dominio de sattva, entra en conflitos orixinados por rajas —agresión— e thamas —inercia—. Por iso o noso camiño debe ser o de aumentar sattva.
Mentres que rajas e thamas son factores de enfermidade, sattva non o é, pois procura harmonizar. Por iso debemos traballar polo amor, pola paz, pola non violencia...
Na Natureza actúan “dez pares de opostos”, que proceden dos gunas. Estes pares de opostos son como o positivo e o negativo, ou o yin e o yang, de todas as forzas do universo. Interaccionan cos doshas, como vemos no cadro seguinte:
| Frío | Reduce Pitta e aumenta Vata e Kapha | Aumenta Pitta e reduce Vata e Kapha | Qente |
| Húmido | Aumenta Kapha, algo Pitta, e reduce Vata | Aumenta Vata, algo Pitta, e reduce Kapha | Seco |
| Pesado | Aumenta Kapha. Reduce Vata e algo Pitta | Aumenta Vata. Reduce Kapha e algo Pitta | Lixeiro |
| Groso | Aumenta Kapha. Reduce Vata e algo Pitta | Aumenta Vata e algo Pitta. Reduce Kapha | Fino |
| Denso | Aumenta Kapha. Reduce Vata e Pitta | Aumenta Pitta. Reduce Vata e algo Kapha | Fluido |
| Estático | Aumenta Kapha. Reduce Vata e algo Pitta | Aumenta Vata e algo Pitta. Reduce Kapha | Móbil |
| Romo | Aumenta Kapha. Reduce Vata e algo Pitta | Aumenta Pitta e algo Vata. Reduce Kapha | Agudo |
| Suave | Aumenta Kapha e algo Pitta. Reduce Vata | Aumenta Vata. Reduce Kapha e algo Pitta | Duro |
| Liso | Aumenta Kapha e algo Pitta. Reduce Vata | Aumenta Vata. Reduce Kapha e algo Pitta | Rugoso |
| Nubrado | Aumenta Kapha e reduce Pitta e Vata | Aumenta Vata e algo Pitta. Reduce Kapha | Claro |
Estas calidades fan referencia tanto aos aspectos materiais como aos mentais.
CONTENIDOS