SERVICIOS > CURSOS
Todos os nosos cursos son impartidos por profesionais con ampla experiencia e poden solicitarse desde calquera punto de Galicia ou do Bierzo. A entidade ou persoa solicitante será responsable de publicitar o curso e de conseguir o número mínimo de asistentes. Así mesmo, deberá cumprir as condicións necesarias para o seu correcto desenvolvemento (espazo, leiras, etc.) e asumir os gastos do profesorado (aloxamento, manutención e desprazamentos, entre outros). Unha vez presentada a solicitude, enviaráselle un prego de condicións coas especificacións organizativas e técnicas que deberán cumprirse.
CURSO DE APICULTURA (iniciación)
Curso presencial. Duración 4 días
CONTIDOS
Iniciación á apicultura
Día 1
- 09:00–09:30 h Recepción de participantes. Presentación do seminario. Confirmación de asistentes
- 09:30–10:00 h Historia da apicultura
- 10:00–10:30 h Apicultura fixista. Tipos de colmeas
- 10:30–11:15 h Apicultura mobilista. Tipos de colmeas
- 11:15–11:45 h Tipos de cadros
- 11:45–12:00 h Descanso
- 12:00–12:30 h Elección do emprazamento
- 12:30–13:00 h Equipo do apicultor
- 12:30–13:00 h Diferentes individuos da colmea
- 13:00–13:30 h Anatomía externa
- 13:30–14:15 h Anatomía interna
- 14:15–16:30 h Descanso / Xantar
- 16:30–17:15 h Ciclos biolóxicos das abellas
- 17:15–18:00 h Organización social das abellas
- 18:00–18:45 h Reprodución natural das abellas
Día 2
- 09:00–10:00 h Reprodución dirixida das abellas
- 10:00–10:45 h Cría de raíñas
- 10:45–11:15 h Introdución á patoloxía. Enfermidades bacterianas
- 11:15–11:45 h Loque europea
- 11:45–12:15 h Loque americana
- 12:15–12:30 h Descanso
- 12:30–13:00 h Enfermidades víricas: cría sacciforme
- 13:00–13:30 h Enfermidades víricas: parálise
- 13:30–14:15 h Enfermidades fúngicas: ascosferose
- 14:15–16:30 h Descanso / Xantar
- 16:30–17:00 h Enfermidades fúngicas: asperxilose
- 17:00–17:30 h Enfermidades parasitarias: acarapisose
- 17:30–18:00 h Enfermidades parasitarias: nosemose
- 18:00–19:00 h Enfermidades parasitarias: varroose
Día 3
Pragas
- 09:00–09:45 h Couzas da cera
- 09:45–10:30 h Vespa velutina
- 10:30–11:15 h Aethinosis
- 11:15–12:00 h Tropilaelapsosis
- 12:00–12:15 h Descanso
Accidentes
- 12:15–12:45 h Morte por frío
- 12:45–13:15 h Morte por fame
- 13:15–14:15 h Boas prácticas na explotación apícola (I)
- 14:15–16:30 h Descanso / Xantar
- 16:30–17:30 h Boas prácticas na explotación apícola (II)
- 17:30–18:30 h Calendario do apicultor
Día 4
Produtos da colmea
- 09:00–10:00 h Produto: mel
- 10:00–11:00 h Produto: pole
- 11:00–12:00 h Produto: polinización
- 12:00–12:15 h Descanso
- 12:15–12:45 h Produto: xelea real
- 12:45–13:15 h Produto: própoleos
- 13:15–13:45 h Lexislación apícola
- 13:45–14:15 h Coloquio. Valoración do curso
DOCENTE

Jesús Llorente Martínez
Pdte. de la Fundación Amigos de las Abejas
Idioma: Castelán
FORMACIÓN ACADÉMICA
1971. Enxeñeiro Técnico Agrícola pola E.T Madrid
1984. Licenciado en Veterinaria pola Facultade de Veterinaria de Madrid
1993. Doctorado na Facultade de Veterinaria de León
INVESTIGACIÓN
Coordinador de proxectos de investigación relacionados coa patoloxía apícola a nivel nacional (1984–1999).
Participación en congresos nacionais e internacionais de apicultura, así como en comités organizadores.
Coordinador Xeral dos congresos:
Participación en congresos nacionais e internacionais de apicultura, así como en comités organizadores.
Coordinador Xeral dos congresos:
- 8º Congreso Iberolatinoamericano de Apicultura
- II Congreso Ibérico de Apicultura
- IV Congreso Ibérico de Apicultura
PUBLICACIÓNS
- Coordinador da revista “Cadernos de Apicultura” do Centro Rexional Apícola de Castela-A Mancha.
- Autor de numerosos artigos en revistas especializadas de apicultura nacionais e estranxeiras.
- Autor de monografías, trípticos e publicacións especializadas en apicultura.
- Autor do libro: Principais enfermidades das abellas (4 edicións).
- Autor do DVD: Profilaxe en apicultura (MAPAMA).
- Autor do DVD: A bioseguridade nas explotacións gandeiras (MAPAMA).
SERVIZOS PRESTADOS
Funcionario de carreira no Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
Responsable do Centro Apícola Rexional de Castela-A Mancha (1984–1999).
Subdirección Xeral de Sanidade Animal (2000–2010):
Subdirección Xeral de Sanidade Animal (2000–2010):
- Responsable da sanidade apícola e dos centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de animais.
- Diagnóstico laboratorial de patoloxía apícola no Laboratorio Central de Veterinaria (MAPAMA), Algete (Madrid).
Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA) (2011–2012): - Responsable dos seguros de apicultura, acuicultura e seca en pastos.
ASOCIACIÓNS E CARGO ACTUAL
Pertence á Asociación de Veterinarios Especialistas en Sanidade e Produción Apícola (AVESPA).
Na actualidade é presidente da Fundación Amigos de las Abejas
Pertence á Asociación de Veterinarios Especialistas en Sanidade e Produción Apícola (AVESPA).
Na actualidade é presidente da Fundación Amigos de las Abejas