ContPROXECTOS
PROXECTOS
PROXECTOS NOS QUE PODES COLABORAR
A Fundación Galicia Verde desenvolve proxectos orientados a revitalizar o rural galego, protexer o territorio e mellorar a calidade de vida das súas xentes. As nosas iniciativas combinan formación, investigación, conservación ambiental e participación social, sempre desde unha perspectiva sostible. Traballamos na recuperación da biodiversidade, na agricultura rexenerativa, na defensa do monte e na produción de alimentos sans e de proximidade.
Impulsamos tamén hortas comunitarias, corredores verdes, bancos de sementes tradicionais e espazos de aprendizaxe e experimentación.
A través da Senda Verde TV Rural queremos informar, formar e dar voz ás persoas e comunidades do rural. Recuperamos, ademais, a memoria, os oficios e o patrimonio que forman parte da nosa identidade.
Cada proxecto nace dunha necesidade concreta e busca ofrecer solucións prácticas e compartidas. O noso obxectivo é contribuír á construción dun rural vivo, informado, cohesionado e con capacidade para decidir o seu propio futuro.