Ir ao contido

Sementes tradicionais: recuperación e banco de sementes - Fundación Galicia Verde

Sementes tradicionais: recuperación e banco de sementes

AGRICULTURA > PLANTACIONS > SEMENTES

O programa Rede de Produtores de Sementes tradicionais é unha emocionante iniciativa que busca recuperar, conservar e intercambiar variedades locais adaptadas ao noso territorio. É unha tarefa que debemos asumir xuntos, apostando pola agrobiodiversidade como sustento dun rural vibrante, resiliente e cun sabor único.

Durante anos, dedicámonos á recuperación destas sementes na sede da Fundación en Leboso - Forcarei, pero os últimos estudos científicos demostran que os cambios respecto ao lugar de orixe están provocando modificacións xenéticas que, co tempo, comprometen as características do produto orixinal. Para manter a súa pureza, na Fundación Galicia Verde decidimos cultivar estas sementes in situ, creando diversas hortas solidarias comunitarias na nosa xeografía, e contactando coas produtoras e produtores locais. Así, cada grupo de variedades será cultivado nas mesmas condicións climáticas e edafolóxicas que as foron conformando ao longo de centos de anos. Para seguir abrindo hortas solidarias comunitarias por toda Galicia, precisamos máis terras en cesión temporal. Se es unha persoa particular ou unha institución e queres colaborar, contacta connosco.

Colaboramos con agricultores e agricultoras, hortas escolares e iniciativas comunitarias para identificar, documentar e reactivar materiais xenéticos esquecidos. O noso obxectivo? Preservar e compartir a memoria agrícola, ao tempo que fortalecemos unha rede aberta de coidado e aprendizaxe, que é a base dunha auténtica Soberanía Alimentaria.
.
NECESITAMOS DA TÚA AXUDA
1) Para localizar, recoller e clasificar
Necesitamos gardiáns e gardiás de sementes no lugar que lles deu nome, que recollan mostras e anoten a súa historia e orixe. Tamén que localicen produtoras ou produtores locais.


O banco de produtores de sementes:

garante a conservación e a dispoñibilidade de mostras viables. Os cultivos faránse nas zoas tradicionáis. Cada entrada inclúe pasaporte (orixe, gardiá/n, ano, datos de cultivo, ..), ensaios de xerminación e control de lotes.


Custodia:

A Fundación Galicia Verde as custodiará en recipientes herméticos, baixa humidade e temperatura estable.


Rotación:

Cada ano sementaremos as do anterior para manter a súa viabilidade e adaptación aos cambios climáticos.

Acceso:

Priorízanse proxectos de cultivo, hortas solidarias comunitarias e investigación.

Banco de produtores de sementes: como funciona
Frascos con sementes etiquetadas nun banco de sementes
Solicitar ou ceder sementes

Se precisas sementes para probar unha variedade local ou queres ceder as túas para amplar a colección, agradecémolo moito. O proceso é sinxelo:

  1. Enche o formulario correspondente.
  2. Responderemos en 3-5 días co catálogo dispoñible ou as instrucións de envío.
  3. As cesións inclúen ficha con datos de cultivo; os préstamos de semente veñen con recomendacións de multiplicación responsable.

As cantidades son limitadas: priorizamos iniciativas con impacto social e educativo.

Próximos encontros

  • Abril: Feira da semente na sede da Fundación Galicia Verde, en Leboso-Forcarei (troco aberto e charla introdutoria).
A TÚA OPINIÓN INTERESA
0 / 5
Aínda non hai comentarios.
Rate:5
Number of rates:
Percentage of ratings:(0%)
Rate:4
Number of rates:
Percentage of ratings:(0%)
Rate:3
Number of rates:
Percentage of ratings:(0%)
Rate:2
Number of rates:
Percentage of ratings:(0%)
Rate:1
Number of rates:
Percentage of ratings:(0%)
Your opinion is important to us and helps us improve our service.
Write a Review
Comparte a túa opinión sobre as sementes
Colabora co programa

Co teu apoio podemos rescatar máis variedades, imprimir fichas, mellorar a infraestrutura do banco e organizar máis encontros de troco. Toda achega suma.

Como podes axudar? Doazóns para materiais e loxística, participando nunha horta comunitaria solidaria, como voluntariado en colleita e multiplicación, e difusión na túa contorna.

Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"