Ir ao contido

Siñalizacions - Fundación Galicia Verde

Siñalizacions

PROXECTOS > BOSQUE DA BIODIVERSIDADE

SINALIZACIÓNS E A SÚA FUNCIÓN EDUCATIVA

 
A sinalización e os complementos informativos non só permitirán que nos poidamos desprazar con seguridade por todo o bosque senón que, ademais, introducirannos á realidade da Natureza máis auténtica.

O panel informativo non será substituto da observación directa, senón que a complementará con suxestións que guíen a nosa atención cara a aspectos relevantes, enriquecéndoa con novas sensacións e informacións. Incluirán tanto aspectos fixos coma sonoros, do tipo dalgunha música que recree un ambiente determinado, ou sons naturais, ou narracións poéticas referidas a ese tipo de contornas naturais. Trátase de crear un "clima" acorde coa contorna, para maior sensibilización das persoas.

Como complemento dos carreiros, e para persoas máis interesadas, incluiranse zonas que permitan, por exemplo no caso das aves, a observación directa dalgúns niños.

Toda esta información elaborarase en colaboración con profesionais de diferentes departamentos da USC, coa que mantemos un convenio de investigación. Deste xeito, axuntaremos o aspecto lúdico co rigor científico.

 

Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"