Red de semillas
AGRICULTURA > PLANTACIONS > SEMENTES
REDE DE SEMENTES TRADICIONAIS DE GALICIA
Denominamos variedades locais, autóctonas ou tradicionais aquelas que, ao longo dos séculos, evolucionaron nunha localización xeográfica determinada, adaptándose ao seu clima, ao tipo de solo, á altitude, ás variacións de temperatura e a outras condicións ambientais. Estas variedades foron seleccionadas polas persoas agricultoras durante centos ou mesmo miles de anos.
Grazas a este proceso, están mellor adaptadas á súa zona de orixe, contribúen a incrementar a biodiversidade e presentan unha maior resistencia fronte aos patóxenos.
Porén, para conservaren intactas as súas cualidades organolépticas e nutricionais, deben cultivarse nas condicións propias da súa zona de procedencia.
Na actualidade, o mercado está cheo de hortalizas anunciadas como «de tal tipo» que, no mellor dos casos, proceden de sementes autóctonas cultivadas en condicións diferentes ás orixinarias. Nada que ver.
Neste apartado iremósvos ofrecendo unha relación das variedades autóctonas de Galicia, das súas zonas de cultivo e dos datos de contacto das persoas gardiás que as manteñen vivas.
| VARIEDAD | IMAGEN | ORIGEN | PRODUCTOR/A |
| CEBOLA DE GULÁNS | ![]() | PARROQUIA DE GULÁNS | |
| HERVILLAS DE GULÁNS | ![]() | PARROQUIA DE GULÁNS | |
| PEMENTO DE GULÁNS | ![]() | PARROQUIA DE GULÁNS | |
| TIRABEQUES DE GULÁNS | ![]() | PARROQUIA DE GULÁNS |



