Ir ao contido

Recuperación - Fundación Galicia Verde

Recuperación

AGRICULTURA > PLANTACIONS > SEMENTES
RED DE SEMENTES TRADICIONAIS
"FUNDACIÓN GALICIA VERDE"

RECUPERAMOS SEMENTES TRADICIONAIS
Ata hai uns 50 ou 60 anos, o sector primario abastecíase a través de pequenos agricultores locais, pero, a partir da revolución industrial, apareceron as grandes cadeas alimentarias e o panorama cambiou radicalmente.

Afortunadamente, no medio rural aínda existen agricultores e, sobre todo, agricultoras vencelladas ás sementes dos seus antepasados. Constitúen unha reserva que debemos recuperar.

Os produtos hortícolas que lle deron sona pola súa calidade ao campo galego teñen a súa orixe nesas sementes. Por iso levamos varios anos realizando este labor de recuperación, aldea por aldea e porta por porta, cunha dobre finalidade. Por unha banda, recuperar este patrimonio, que corre o risco de perderse a medida que vaia desaparecendo a xeración que o conserva, algo que semella case inevitable ante o crecente despoboamento rural.

O segundo obxectivo, tamén moi ambicioso, é que estas agricultoras e agricultores vexan recompensado o seu esforzo de tantos anos e pasen a formar parte da nosa rede de sementes. Non só coa intención de mellorar a súa calidade de vida, dándolle saída á súa produción, senón, sobre todo, para que as sementes tradicionais se continúen cultivando nos lugares que, con denominación de orixe ou sen ela, acadaron un merecido recoñecemento.

Máis de doce anos de traballo continuado deron como resultado as máis de 200 variedades de sementes que temos identificadas e recuperadas.
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"