Ir ao contido

Plantando árbores - Fundación Galicia Verde

Plantando árbores

PROXECTOS > BOSQUE DA BIODIVERSIDADE
PLANTANDO ÁRBORES
 
Ao planificar o Bosque da Biodiversidade establecemos que vai estar composto, basicamente, por catro especies de árbores: carballos, castiñeiros, sobreiras e bidueiros. Xunta elas incluiranse exemplares soltos, ou en pequenos grupos, doutras especies, ben pola súa singularidade ou por tratarse dalgunha outra especie moi implantada na zona. Estas árbores estarán situadas nas lindes das masas boscosas e enriquecerán notablemente tanto a diversidade biolóxica coma o interese formativo das persoas visitantes.

Para faciltar tanto o enraizamento coma o rápido desenvolvemento das árbores, estas plantaranse en foxos realizados con maquinaria a unha profundidade media duns 60 cm., en cuxo fondo se colocará unha capa de compost ben maduro. Ademais, e a fin de facilitar a súa evolución durante os dous primeiros anos e para que desenvolvan un bo sistema radicular, procuraráselles auga ou, se fose necesario, unha solución nutritiva directamente ás raíces, mediante un tubo colocado no momento da plantación. Transcorridos eses dous primeiros anos, procederase a retiralo.

Antes de iniciar a plantación realizarase un estudo xeomagnético da zona para asegurarnos de que todas as árbores queden situadas en zonas o máis neutras posible, apartadas dos cruces hartman ou doutras alteracións que poidan prexudicar o seu desenvolvemento.

As preto de 1.000 árbores que constituirán o bosque serán de orixe natural, procedentes de bosques autóctonos tradicionais onde se poida realizar un rareo de exemplares. As árbores serán achegadas, ben polas entidades colaboradoras con este proxecto, ou por persoas particulares que decidan apoiarnos colaborando nos labores de plantación e mantemento, e ás que concederemos determinados dereitos que comentaremos máis adiante.


Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"