Nutrición Ayurveda
CURSOS
Todos os nosos cursos son impartidos por profesionais con ampla experiencia e poden solicitarse desde calquera punto de Galicia ou do Bierzo. A entidade ou persoa solicitante será responsable de publicitar o curso e de conseguir o número mínimo de asistentes. Así mesmo, deberá cumprir as condicións necesarias para o seu correcto desenvolvemento (espazo, leiras, etc.) e asumir os gastos do profesorado (aloxamento, manutención e desprazamentos, entre outros). Unha vez presentada a solicitude, enviaráselle un prego de condicións coas especificacións organizativas e técnicas que deberán cumprirse.
Curso de Nutrición Ayurveda
Curso presencial. Duración 1 día
CONTIDOS
Iniciación á Nutrición Ayurveda
Taller de iniciación á nutrición ayurvédica
Duración: 8 horas.
Destinatarios: persoas interesadas en coñecer os fundamentos da alimentación ayurvédica, sen necesidade de formación previa.
Obxectivos
- Comprender a relación entre alimentación, dixestión e equilibrio persoal segundo o Ayurveda.
- Identificar os tres doshas: Vata, Pitta e Kapha.
- Coñecer os principios básicos para seleccionar, preparar e combinar os alimentos.
- Aplicar pautas sinxelas á alimentación diaria.
Programa
- Introdución ao Ayurveda: concepto de saúde, cinco elementos e constitución individual.
- Dixestión e metabolismo: significado de agni —capacidade dixestiva—, ama —residuos derivados dunha dixestión deficiente— e ojas —vitalidade e resistencia—.
- Os seis sabores: doce, ácido, salgado, picante, amargo e astrinxente; influencia sobre os doshas.
- Como e cando comer: horarios, cantidade, ambiente e alimentación consciente.
Metodoloxía: exposición participativa, demostración con alimentos e exercicio práctico final.
DOCENTE

Enrique Banet López de Rego
Pdte. da Fundación Galicia Verde
Idioma: Galego
FORMACIÓN EN AYURVEDA
2007. Ayurverdic Nutrition na Escola internacional de medicina Ayurveda
2016. Especialista de Salud Ayurveda polo California College of Ayurveda
2017. Masaxe Abhyanga na Fundación Ayurveda Prema, da Universidade de Bós Aires