Ir ao contido

Luces e sombras - Fundación Galicia Verde

Luces e sombras

LUCES E SOMBRAS
LUCES E SOMBRAS
Luces e Sombras é un espazo da Fundación Galicia Verde pensado para dar visibilidade ao que acontece no territorio. Moitas iniciativas positivas quedan descoñecidas fóra do seu ámbito máis próximo, e moitos problemas ambientais, sociais ou patrimoniais non reciben atención porque non están ben documentados nin chegan á opinión pública.

En Luces queremos difundir actividades, proxectos e iniciativas de entidades que traballan polo rural, pola cultura, pola natureza e pola vida comunitaria. Visibilizar estas accións permite que máis persoas as coñezan, participen nelas e se fortaleza unha rede de colaboración entre asociacións, colectivos e veciñanza.

En Sombras abrimos unha vía para comunicar problemas que afectan ao territorio: contaminación, abandono, risco de incendios, deterioro do patrimonio, vertedoiros ou incumprimentos ambientais. Darlles visibilidade axuda a que non queden illados, facilita que outras persoas os coñezan e contribúe a reclamar solucións con información clara e responsable.

As comunicacións deben enviarse con datos concretos, unha descrición breve e, cando sexa posible, fotografías ou documentos. A Fundación revisará a información recibida antes de publicala ou difundila.

Luces e Sombras nace para sumar: para compartir o que se fai ben, para sinalar o que debe mellorarse e para defender, entre todas e todos, o territorio que habitamos.

LUCES QUE PODEN INTERESAR
Neste espacio poderás coñecer iniciativas que se están a levar no noso País, para que si son do teu interese, poidas contactar e participar.
OUTUBRO
19 de outubro no Pazo Provincial de Pontevedra
21 e 30 de outubro
.
NOVEMBRO
28 novembro
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"