Investigación
AGRICULTURA > PLANTACIONS > SEMENTES
RED DE SEMENTES TRADICIONAIS
"FUNDACIÓN GALICIA VERDE"
INVESTIGAMOS SOBRE MÉTODOS DE CULTIVO AGROECOLÓXICO
As nosas investigacións oriéntanse a achegar recursos sostibles á agricultura ecosocial.
Na actualidade, mantemos abertas tres liñas de investigación.
A primeira, financiada con fondos da Unión Europea a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica, consiste nun estudo comparativo dos rendementos nutricionais entre hortalizas producidas a partir de sementes tradicionais e híbridas, empregando diferentes sistemas de cultivo, tanto ecolóxicos e sostibles como baseados na utilización de tratamentos propios da agroquímica.
A segunda, máis avanzada e con resultados moi prometedores, analiza as aplicacións da agrohomeopatía para, entre outras funcións, controlar pragas e enfermidades. Nesta liña contamos con varios anos de experiencia e os resultados son altamente prometedores.
A nosa terceira liña de investigación aborda a creación dun Bosque da Biodiversidade, con finalidades tanto de conservación como de divulgación. Levarase a cabo unha xestión ordenada do monte, que abranguerá desde a selección de especies principais e secundarias ata a utilización da radiestesia ou a aplicación de técnicas para plantar auga, crear zonas húmidas e eliminar a erosión.
Parte destas investigacións realízanse en colaboración con profesionais da USC, institución coa que mantemos un convenio de investigación.