EFT - Técnica de liberación emocional
CURSOS
Todos os nosos cursos son impartidos por profesionais con ampla experiencia e poden solicitarse desde calquera punto de Galicia ou do Bierzo. A entidade ou persoa solicitante será responsable de publicitar o curso e de conseguir o número mínimo de asistentes. Así mesmo, deberá cumprir as condicións necesarias para o seu correcto desenvolvemento (espazo, leiras, etc.) e asumir os gastos do profesorado (aloxamento, manutención e desprazamentos, entre outros). Unha vez presentada a solicitude, enviaráselle un prego de condicións coas especificacións organizativas e técnicas que deberán cumprirse.
Curso de EFT, nivel 1
Curso presencial. Duración 1 día
CONTIDOS
Iniciación á EFT
Taller de iniciación ao EFT — Técnica de Liberación Emocional
Destinatarios: persoas interesadas en coñecer unha ferramenta sinxela de autorregulación emocional. Non se require formación previa.
Obxectivos
- Coñecer os principios básicos do EFT ou tapping.
- Identificar emocións, pensamentos e sensacións corporais.
- Aprender a secuencia básica de estimulación dos puntos.
- Practicar a técnica con situacións cotiás de intensidade moderada.
- Incorporar unha rutina persoal de autocuidado.
Programa
10.00–10.30 | Presentación e marco de seguridade
Expectativas, límites da técnica, confidencialidade e normas de participación.
Expectativas, límites da técnica, confidencialidade e normas de participación.
10.30–11.30 | Introdución ao EFT
Orixe, fundamentos, aplicacións habituais e diferenzas respecto dunha intervención psicoterapéutica.
Orixe, fundamentos, aplicacións habituais e diferenzas respecto dunha intervención psicoterapéutica.
11.30–13.00 | Aprendizaxe da secuencia básica
Identificación do asunto, valoración da intensidade emocional, frase de preparación, puntos de estimulación e comprobación dos cambios.
Identificación do asunto, valoración da intensidade emocional, frase de preparación, puntos de estimulación e comprobación dos cambios.
13.00–14.00 | Práctica guiada
Aplicación colectiva sobre unha situación leve: preocupación, tensión ou bloqueo cotián.
Aplicación colectiva sobre unha situación leve: preocupación, tensión ou bloqueo cotián.
15.30–16.30 | Adaptación da técnica
Traballo con emocións, pensamentos limitantes e sensacións corporais. Formulación de frases concretas e respectuosas.
Traballo con emocións, pensamentos limitantes e sensacións corporais. Formulación de frases concretas e respectuosas.
16.30–17.30 | Práctica por parellas
Exercicio supervisado, escoita activa e respecto dos límites persoais.
Exercicio supervisado, escoita activa e respecto dos límites persoais.
17.30–18.00 | Peche e plan persoal
Revisión da experiencia e elaboración dunha rutina breve para a vida diaria.
Revisión da experiencia e elaboración dunha rutina breve para a vida diaria.
Metodoloxía: explicación, demostración, práctica guiada e participación voluntaria. O taller ten carácter educativo e non substitúe a atención médica, psicolóxica ou psiquiátrica.
DOCENTE

Enrique Banet López de Rego
Pdte. da Fundación Galicia Verde
Idioma: Galego
FORMACIÓN EM EFT
Desde 2012 Formador de Formadores por la Asociación Iberoamericana de EFT