Ir ao contido

Divulgación - Fundación Galicia Verde

Divulgación

AGRICULTURA > PLANTACIONS > SEMENTES
REDE DE SEMENTES TRADICIONAIS
“FUNDACIÓN GALICIA VERDE”
AXUDAMOS A DIVULGAR AS VANTAXES DAS SEMENTES TRADICIONAIS
A divulgación forma parte do noso ADN.

Gústanos a investigación para coñecer máis en profundidade, comprender e avanzar. Esta é, sen dúbida, unha das achegas da ciencia ao desenvolvemento humano, aínda que, en numerosas ocasións, esa investigación estea ao servizo de determinados intereses. Non é o noso caso.

Gústanos compartir coñecementos, porque aprendemos moito co intercambio de información. Cando se comparte, intercámbianse puntos de vista e contrástanse outras opcións; isto sempre resulta enriquecedor para ambas as partes. Por iso divulgamos todo o que facemos, empregando todas as canles ao noso alcance: charlas en recintos pechados ou ao aire libre, cursos presenciais ou en liña, reunións coas voluntarias e cos voluntarios, artigos... E, grazas a esta actitude, imos abrindo novos camiños.

Coa divulgación damos a coñecer novas opcións e abrimos a realidade da audiencia a novos campos de coñecemento, permitíndolle contrastalos coas súas propias crenzas e evolucionar. Por iso nunca renunciaremos á solidariedade, en beneficio da comunidade.

Compartir, divulgando con rigor, é a nosa achega á sociedade e ás persoas que cren no noso proxecto e que o apoian co seu traballo ou coas súas contribucións, porque, para que investigar se despois non comparto o coñecemento?
A resposta está no noso interior.
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"