ContSERVIZOS
SERVICIOS
SERVIZOS GRATUITOS QUE PODES SOLICITAR
A Fundación Galicia Verde pon á disposición das entidades do rural unha serie de servizos gratuítos orientados a fortalecer a vida comunitaria, mellorar a formación e apoiar proxectos útiles para o territorio.
Estes servizos inclúen a cesión de espazos para xuntanzas, cursos, obradoiros ou actividades sociais, sempre que sexan compatibles cos fins da Fundación e co seu funcionamento ordinario. Tamén se ofrece apoio técnico en iniciativas vinculadas á agricultura sostible, á conservación ambiental, á recuperación de saberes tradicionais e á dinamización veciñal.
Entre os servizos dispoñibles figuran as análises de terras, o acompañamento en hortas comunitarias, a organización de actividades formativas e o asesoramento en proxectos rurais. A finalidade non é substituír ás entidades locais, senón axudalas a medrar, organizarse e desenvolver mellor as súas propias iniciativas.
Todas as solicitudes deberán realizarse por escrito, no formulario adxunto. A cesión ou apoio concedido non terá custo económico, agás nos casos de danos, gastos extraordinarios ou incumprimento das condicións aceptadas. Con estes servizos, a Fundación quere contribuír a un rural galego máis formado, activo, solidario e con capacidade real para decidir o seu futuro.