Ir ao contido

Constitución mental - Copiar - Fundación Galicia Verde

Constitución mental - Copiar

SAÚDE
CONSTITUCIÓN MENTAL
os tres gunas
A Natureza Orixinal, ou Prakriti, está composta por tres calidades primarias, ou gunas —máis sutís ca os doshas—, que están na orixe de todo o que existe no mundo. Coñécense como sattva, rajas e thamas, e son os factores causais da creación:

Sattva é a estabilidade, a harmonía. É o principio da intelixencia, e del procede a paz.
Rajas é a turbulencia, a actividade. É o principio da enerxía que proxecta o mundo e nos ata á multiplicidade do externo.
Thamas é a torpeza, a escuridade. É o principio do material que, a través da ignorancia, enmascara a nosa verdadeira esencia.

  
O equilibrio entre os tres gunas, coñecido como “sattva puro”, debe conducirnos cara á preponderancia da claridade e da paz, a través das cales poderemos percibir a verdade.
No camiño cara á verdade, a nosa mente, que é o dominio de sattva, entra en conflitos orixinados por rajas —agresión— e thamas —inercia—. Por iso o noso camiño debe ser o de aumentar sattva.
Mentres que rajas e thamas son factores de enfermidade, sattva non o é, pois procura harmonizar. Por iso debemos traballar polo amor, pola paz, pola non violencia...
Na Natureza actúan “dez pares de opostos”, que proceden dos gunas. Estes pares de opostos son como o positivo e o negativo, ou o yin e o yang, de todas as forzas do universo. Interaccionan cos doshas, como vemos no cadro seguinte:
  Frío Reduce Pitta e aumenta Vata e Kapha Aumenta Pitta e reduce Vata e Kapha Qente
 Húmido Aumenta Kapha, algo Pitta, e reduce Vata Aumenta Vata, algo Pitta, e reduce Kapha Seco
 Pesado Aumenta Kapha. Reduce Vata e algo Pitta Aumenta Vata. Reduce Kapha e algo Pitta Lixeiro
 Groso Aumenta Kapha. Reduce Vata e algo Pitta Aumenta Vata e algo Pitta. Reduce Kapha Fino
 Denso Aumenta Kapha.  Reduce Vata e Pitta Aumenta Pitta. Reduce Vata e algo Kapha Fluido
 Estático Aumenta Kapha. Reduce Vata e algo Pitta Aumenta Vata e algo Pitta. Reduce Kapha Móbil
 Romo Aumenta Kapha. Reduce Vata e algo Pitta Aumenta Pitta e algo Vata. Reduce Kapha Agudo
 Suave Aumenta Kapha e algo Pitta. Reduce Vata Aumenta Vata. Reduce Kapha e algo Pitta Duro
 Liso Aumenta Kapha e algo Pitta. Reduce Vata Aumenta Vata. Reduce Kapha e algo Pitta Rugoso
 Nubrado Aumenta Kapha e reduce Pitta e Vata Aumenta Vata e algo Pitta. Reduce Kapha Claro
Estas calidades fan referencia tanto aos aspectos materiais como aos mentais.
CONTENIDOS
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"