Ir ao contido

Constitución doshica - Copiar - Fundación Galicia Verde

Constitución doshica - Copiar

SAÚDE
COÑECÉNDOSE A UN MESMO
A avaliación ayurvédica baséase, de maneira xeral, na observación da constitución da persoa, na recollida da súa historia e na valoración de signos e probas específicas. O concepto de Prakruti preséntase como un elemento relevante para comprender a saúde e a importancia do equilibrio persoal.

O Prakruti é a constitución de base ou constitución primixenia coa que nacemos. Coñecela axúdanos a entender mellor as nosas tendencias naturais e a orientarnos cara a hábitos máis acordes coa nosa forma de ser e de funcionar.

Por iso, para facer esta estimación, é importante responder pensando en como era vostede cando gozaba de boa saúde, xeralmente en etapas máis novas da vida e antes de que aparecesen desequilibrios, enfermidades ou cambios importantes nos hábitos. O obxectivo non é describir só o estado actual, que pode estar condicionado por factores transitorios, senón aproximarse á constitución de base máis probable. Esta constitución é a referencia que convén recuperar e manter na medida do posible, xa que representa o seu equilibrio natural.

Para unha interpretación máis precisa, convén acudir a un especialista con formación ayurvédica. En todo caso, este cuestionario non substitúe a atención sanitaria habitual e deben terse sempre en conta o criterio profesional e os consellos do seu médico.
PRAKRUTI
É a tendencia innata do organismo e serve como referencia do seu equilibrio máis estable e saudable. Representa o estado de saúde.
Cuestionario de constitución dóshica

Resultado da avaliación

Vata 0%
Pitta 0%
Kapha 0%

A constitución final exprésase cos dous doshas máis altos. O dosha menor non aparece na denominación final, aínda que si na distribución porcentual completa.

No Ayurveda, o Prakruti representa a constitución natural coa que nace cada persoa.

O Vikruti indica o seu estado actual e os posibles desequilibrios dos doshas.

Cando Prakruti e Vikruti coinciden, considérase que o organismo mantén o seu equilibrio orixinal.

Isto interprétase como un sinal de boa saúde física, mental e emocional.

Pola contra, cando existe diferenza entre ambos, o Ayurveda entende que hai algún desequilibrio que debe corrixirse.

Polo xeral ese desequilibrio corríxese coa alimentación e hábitos de vida.

Estas recomendacións son orientativas. Para mais precisión visite a un especialista en Ayurveda, o que non exclúe a visita a seu médico.


VIKRUTI
Corresponde ao noso estado actual incluindo os posibles desequilibrios que poñen en risco a nosa saúde. Hai que correxilo e voltar ao Prakruti.
Cuestionario de Vikruti

Resultado do desequilibrio actual

Vata alterado 0%
Pitta alterado 0%
Kapha alterado 0%

O resultado é orientativo e non constitúe unha diagnose. Para unha valoración precisa, consulte cun profesional con formación ayurvédica e siga sempre as indicacións do seu médico.

Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"