Ir ao contido

Conservación - Fundación Galicia Verde

Conservación

AGRICULTURA > PLANTACIONS > SEMENTES
RED DE SEMENTES TRADICIONAIS
"FUNDACIÓN GALICIA VERDE"

CONSERVAMOS AS SEMENTES TRADICIONAIS
A conservación das sementes é un labor colectivo, e a rede de sementes permítenos contar cun abastecemento de sementes autóctonas e asegurarnos de que estas continúen a súa evolución.

Cada ano seleccionamos algunhas das sementes autóctonas da rede que teñen maior demanda e procedemos a plantalas nas nosas instalacións. Con este labor, realizado de maneira sistemática, coñecemos os tempos de desenvolvemento de cada variedade, como a xerminación, o ritmo de crecemento, a floración ou a frutificación, para poñer esta información á disposición de quen a necesite. Tamén seleccionamos os exemplares con características destacables para obter as súas sementes e colaborar na mellora do cultivo.

Estas sementes seleccionadas divídense en catro lotes. O primeiro volve á gardiá ou ao gardián desa especie, para que poida ir incorporando esa mellora. O segundo lote conxélase e consérvase nas nosas instalacións, como banco de xermoplasma, en previsión de futuras necesidades. O terceiro lote destínase á venda ao público, co obxectivo de contribuír aos gastos de financiamento da Fundación. O cuarto lote envíase gratuitamente, a través dalgún contacto ou dalgunha ONG, a comunidades labregas doutros lugares do mundo onde exista necesidade de sementes.

Este proceso consta de varias fases e, no seu conxunto, pon de manifesto a necesidade de colaboración a distintos niveis. Por iso dicimos sempre que «precisámosvos» e animámosvos a unirvos.
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"