Agricultura
CURSOS
Todos os nosos cursos son impartidos por profesionais con ampla experiencia e poden solicitarse desde calquera punto de Galicia ou do Bierzo. A entidade ou persoa solicitante será responsable de publicitar o curso e de conseguir o número mínimo de asistentes. Así mesmo, deberá cumprir as condicións necesarias para o seu correcto desenvolvemento (espazo, leiras, etc.) e asumir os gastos do profesorado (aloxamento, manutención e desprazamentos, entre outros). Unha vez presentada a solicitude, enviaráselle un prego de condicións coas especificacións organizativas e técnicas que deberán cumprirse.
CURSO DE AGRICULTURA REGENERATIVA
Curso presencial. Duración 2 días
CONTIDOS
Agricultura rexenerativa
DÍA 1: coñecemento do solo e preparación do bancal
09.30–10.00 | Presentación da xornada
Expectativas das persoas participantes, análise da parcela e organización do traballo.
Expectativas das persoas participantes, análise da parcela e organización do traballo.
10.00–11.30 | Fundamentos da agricultura rexenerativa
Solo vivo, cobertura permanente, diversidade de cultivos, mínima labranza, ciclos naturais e uso eficiente da auga.
Solo vivo, cobertura permanente, diversidade de cultivos, mínima labranza, ciclos naturais e uso eficiente da auga.
11.30–13.00 | Observación e diagnóstico do solo
Textura, estrutura, compactación, humidade, materia orgánica, presenza de raíces, lombrigas e outros indicadores biolóxicos. Probas sinxelas de campo.
Textura, estrutura, compactación, humidade, materia orgánica, presenza de raíces, lombrigas e outros indicadores biolóxicos. Probas sinxelas de campo.
13.00–14.00 | Deseño do bancal
Elección da localización, orientación, dimensións, accesos, drenaxe e sistema de rega.
Elección da localización, orientación, dimensións, accesos, drenaxe e sistema de rega.
15.30–18.00 | Preparación práctica do bancal
Marcado, retirada selectiva da vexetación, aireado sen voltear o solo, incorporación superficial de compost maduro, nivelado e instalación da rega.
Marcado, retirada selectiva da vexetación, aireado sen voltear o solo, incorporación superficial de compost maduro, nivelado e instalación da rega.
DÍA 2: plantación e manexo rexenerativo
09.30–10.30 | Materia orgánica e fertilidade
Compost, esterco maduro, acolchados, biofertilizantes e alimentación da vida do solo.
Compost, esterco maduro, acolchados, biofertilizantes e alimentación da vida do solo.
10.30–12.00 | Deseño de cultivos
Rotacións, asociacións, diversidade, distancias de plantación e incorporación de flores e plantas auxiliares.
Rotacións, asociacións, diversidade, distancias de plantación e incorporación de flores e plantas auxiliares.
12.00–14.00 | Plantación do bancal
Sementeira ou transplante, distribución dos cultivos, rega inicial e colocación do acolchado orgánico.
Sementeira ou transplante, distribución dos cultivos, rega inicial e colocación do acolchado orgánico.
15.30–16.30 | Mantemento e seguimento
Rega, reposición do acolchado, control da vexetación espontánea, fertilización e observación da evolución do solo.
Rega, reposición do acolchado, control da vexetación espontánea, fertilización e observación da evolución do solo.
16.30–17.30 | Prevención de pragas e enfermidades
Equilibrio ecolóxico, biodiversidade funcional e medidas preventivas.
Equilibrio ecolóxico, biodiversidade funcional e medidas preventivas.
17.30–18.00 | Avaliación e plan de acción
Revisión do bancal realizado e elaboración dun plan básico de traballo para os meses seguintes.
Revisión do bancal realizado e elaboración dun plan básico de traballo para os meses seguintes.
Metodoloxía: explicacións breves, observación directa, demostracións e traballo práctico colectivo na parcela.
DOCENTE

Enrique Banet López de Rego
Pdte. da Fundación Galicia Verde
Idioma: Galego
FORMACIÓN ACADÉMICA EN AGRICULTURA
- 1980: Máster en Agricultura Ecolóxica.
- 1990: Ecoconselleiro en Medio Rural, pola Universidade de Namurs.
INVESTIGACIÓN
- Na actualidade investiga sobre cristalizacións sensibles como método de análise cualitativa.
- Agrohomeopatía como alternativa aos tratamentos químicos convencionais.
SERVIZOS PRESTADOS
- Máis de 30 anos dedicado á divulgación medioambiental e da agricultura ecolóxica.
- Director-presentador do programa Senda Verde, na TVG
- Impartiu e imparte numerosos cursos, tanto en Galicia como en Castela-León e Euskadi.
- Varios cursos de agricultura ecolóxica en liña para a UNED.
- O seu labor levouno a ser finalista nos prestixiosos premios “The Princess Awards”.
CARGO ACTUAL
- Presidente da Fundación Galicia Verde.