Ir ao contido

A lúa - Fundación Galicia Verde

A lúa

AGRICULTURA > MES A MES
As fases da lúa teñen unha clara influencia no noso planeta. Este fenómeno é moi visible no mar, dando lugar ás mareas mortas e ás mareas vivas.
A lúa exerce este mesmo efecto sobre a saiba das plantas.  Cando a lúa está en fase crecente, a saiba acumúlase nas partes aéreas, especialmente nas follas.  Cando a lúa está en fase minguante, a saiba acumúlase nas partes subterráneas, especialmente nas raíces.  Este efecto, que se exerce sobre todos os seres vivos, incluídas as persoas, debe terse en conta porque afecta claramente aos resultados finais.
Vexamos algúns exemplos:  Se podamos cando a saiba está concentrada nas raíces, a árbore sofre menos e a madeira estará máis seca.  Se colleitamos leituga cando a saiba está concentrada nas partes aéreas, nas follas, estará máis saborosa.  Se nos cortamos o pelo (ou as uñas), crecerá menos durante a lúa minguante, e viceversa.  Nas tarefas "mes a mes" terás actualizadas a maioría das tarefas que terás que realizar no teu xardín.
Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"